ARQUIVO
AXUDA NA NAVEGACIÓN
V Video-forum Mulleres no Mundo
Chega novembro e chega de novo o Video-forum Mulleres no Mundo do Observatorio. Cinco anos xa desde aquel primeiro Mulleres no Mundo! Cinco anos nos que o Observatorio, en colaboración coa UNED e Radiofoz, leva dando a coñecer realidades de...
read more
Curso de fotografía dixital Olladas de muller en Ribadeo. Aberto o prazo de inscrición!
Novembro vén pisando forte co curso de fotografía dixital Olladas de muller que terá lugar en Ribadeo. Este proxecto, organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade e financiado polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral de Igualdade, é máis...
read more
#AlertaFeminista Concentracións en todos os concellos ás 19h o día en que se faga pública a aprobación da contrareforma por parte do Consello de Ministrxs
#AlertaFeminista ABORTO LIBRE E GRATUÍTO. As mulleres decidimos! Estamos a vivir nunha situación na que as mulleres vemos como os nosos Dereitos Sexuais e Dereitos Reprodutivos están a ser atacados, e no que non se nos deixa decidir sobre o noso corpo. Hoxe...
read more
Marica Campo
Chegado outubro, toca renderlle homenaxe a Marica Campo na nosa campaña de visibilización e valoración das nosas escritoras Libre é a miña alma, e libre é o meu pensamento... Do Val do Mao pero moi vinculada á nosa Mariña de Lugo,...
read more
Aborto libre e gratuíto: as mulleres decidimos!
Este sábado 28 de setembro, ás 17.30h, estaremos en Compostela apoiando a manifestación nacional convocada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto. O sistema patriarcal quere dominar o corpo das mulleres, negándonos a...
read more
O Trivial Feminista na TVG!
Fai uns días convidáronnos ao programa da TVG A Revista Fin De Semana para presentar o Trivial Feminista, un xogo coeducativo realizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade xunto con 10 dos 12 Institutos de Educación Secundaria...
read more
Carmen Blanco
Este mes de agosto non nos esquecemos da nosa campaña Libre é a miña alma, e libre é o meu pensamento... de visibilización e valoración das nosas escritoras. Deixámosvos coa fermosa versión que Carmen Blanco, lucense de nacemento pero case...
read more
Festigal
O 25 estaremos en Compostela no Festigal, na Feira de Asociacións, por se queredes coñecernos un pouquiño mellor e facervos co Trivial Feminista e algunha sorpresa máis que levaremos. Vémonos no Campus Vida!...
read more
Premio ao Trivial Feminista
Como xa sabedes estes días estivemos polo sur, en Cangas do Morrazo, convidadas pola 30 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo (MITCF). Uns días intensos nos que, entre moitas cousas, recollimos o Premio Mulleres en...
read more
María do Cebreiro
No verán non nos esquecemos da nosa campaña Libre é a miña alma, e libre é o meu pensamento...de difusión das nosas escritoras. Este mes de xullo acompáñanos a escritora compostelá María do Cebreiro. Deixámosvos coa foto e o texto que nos enviou...
read more


