Como xa sabedes estes días estivemos polo sur, en Cangas do Morrazo, convidadas pola 30 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo (MITCF). Uns días intensos nos que, entre moitas cousasrecollimos o Premio Mulleres en Acción 2013!

 

 

O sábado 6 pola tarde, nas XIII Xornadas Mulleres en Acciónpresentamos o Trivial Feminista nunha mesa redonda sobre proxectos activos xunto coas amigas da libraría feminista Lila de Lilith de Santiago de Compostela e as Maribolheras Precarias da Coruña, que tamén explicaron os seus proxectos. Xusto antes de comezar, Mónica de Nut agasallounos cunha performance.

 

 

O domingo 7, na clausura da 30 MITCF tivemos a honra de recoller o Premio Mulleres en Acción 2013 por crear e impulsar o xogo coeducativo Trivial Feminista. Un recoñecemento tremendo aos case dous anos que nos levou sacalo adiante. Tedes aquí un pequeno video do momento da entrega do premio

 

 

 

 

Moitas grazas de novo á organización por este agasallo e parabéns por levar tantos anos organizando unha mostra internacional de teatro na que se inclúe a perspectiva de xénero. Longa vida á mostra!

 

Síguenos nas redes:

Share This