súmate
¿Queres sumarte ao Observatorio da Mariña pola Igualdade?
¿Contribuír a construír unha sociedade máis igualitaria e gozar de todas as súas actividades?
Como iniciativa aberta e plural, propoñémoche 3 fórmulas para sumarte ao Observatorio:
ASÓCIATE
Desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade levamos a cabo múltiples actividades na nosa comarca para intentar conseguir unha sociedade máis igualitaria. Unha ampla programación que precisa de apoios para poder seguir medrando e na que o esforzo humano é moi importante.
A túa achega económica é vital, máxime na actual conxuntura de recorte de apoios económicos ás asociacións. É por iso que queremos convidarte a facerte SOCIA/O, contribuíndo coa cota anual de 20 euros ao ano. As socias e socios teñen as seguintes vantaxes:
- Voz e voto na asembleas e actos do Observatorio
- Descontos ou gratuidade naquelas actividades, cursos, xornadas… que realicemos
- Dereito a solicitar e recibir en calquera momento información dos proxectos que levemos a cabo, así como do seu desenvolvemento
- Recepción, con periodicidade anual, dunha memoria explicativa que recolla todas as actividades, cursos, proxectos que se leven a cabo ao longo do ano
¿Como podes asociarte? (pasos a seguir)
- Descargando o formulario de inscrición nos enlaces que atoparás aquí abaixo
- Cubrindo o formulario cos teus datos
- Enviandoo a observatorioigualdade@gmail.com
Para calquera dúbida podes escribirnos previamente nese mesmo enderezo.
APOIA
Tamén a túa contribución con tempo é apoio se torna fundamental. Desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade levamos a cabo múltiples actividades na nosa comarca: as charlas café sobre diferentes temas de actualidade, os video-fórums, o Músicas e Letras en Feminino, cursos, eventos, denuncias, campañas, etc. forman parte xa do noso programa habitual de traballo.
Unha ampla programación que precisa de apoios para poder seguir medrando e na que o esforzo humano é moi importante. Se queres facerte VOLUNTARIA/O, contribuíndo co eu tempo e coñecemento á organización, deseño ou desenvolvemento de actividades do Observatorio escríbenos a observatorioigualdade@gmail.com e dinos en que poderías ou che gustaría colaborar.
ACOMPÁÑANOS
E, desde logo, un gran xeito de sumarte é coa túa presenza nas actividades que desenvolvemos. Sempre agradecemos atoparte aí.
Podes estar ao día seguindo…