quen somos

QUE é o OBSERVATORIO DA MARIÑA POLA IGUALDADE?

Unha asociación feminista, integrada por mulleres da Mariña. A través de xuntanzas e asembleas poñemos en común análises e deseñamos estratexias e actividades para desenvolver na comarca, ademais de informar sobre os recursos dispoñibles en materia de igualdade.

Por que FEMINISTA?

O feminismo ten por obxectivo conseguir a igualdade social entre mulleres e homes, superando as discriminacións e fendas de xénero. No Observatorio buscamos dar resposta ás necesidades prácticas e aos intereses estratéxicos das mulleres para fomentar a igualdade de xénero.

Por que DA MARIÑA?

O Observatorio está integrado por veciñas dos concellos da Mariña. Queremos achegarnos á nosa contorna e dar resposta ás demandas e ás problemáticas específicas formuladas polas mulleres da nosa comarca.

POR QUE nace o OBSERVATORIO?

O Observatorio nace porque cremos que debemos seguir xerando conciencia crítica e impulsar movementos que fomenten a participación activa das mulleres en todos os ámbitos, como principais protagonistas da transformación social.

CALES son os OBXECTIVOS do Observatorio?

1.

Enfocar a realidade da nosa comarca desde a perspectiva de xénero, tendo en conta as relacións de xénero que se establecen entre mulleres e homes nos diferentes ámbitos.

2.

Analizar e identificar como se constrúen as desigualdade sociais e as fendas de xénero a nivel local, na nosa comarca.

3.

Dar a coñecer as problemáticas que afectan de forma específica ás mulleres da Mariña.

4.

Poñer en práctica e desenvolver estratexias, proxectos e alternativas reais que contribúan, desde o ámbito local, a transformar a sociedade patriarcal nunha sociedade igualitaria.

5.

Servir como canle de comunicación entre as institucións e a sociedade civil, para informar a mulleres e homes sobre os recursos públicos cos que contan para mellorar as súas vidas.

6.

Velar pola aplicación do principio de igualdade de xénero, no conxunto das accións e políticas que se desenvolvan na Mariña para promover unha igualdade real entre mulleres e homes.

Síguenos nas redes:

Share This