Febreiro é o mes de Ánxeles Cuña na Axenda Feminista 2014 sobre Teatreiras Galegas. Pedagoga, dramaturga e directora, fundou en 1970 a compañía Sarabela Teatro, coa que acadou 54 premios coas diferentes obras dirixidas. Directora do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), tamén foi directora efémera do Centro Dramático Galego. A ela lle adicamos este mes a nosa campaña “Non nacín para ser domesticada…” e por elo vos deixamos co seu texto e a súa foto da Axenda Feminista 2014.

X.- Aconteceu nunha estación que cantaba as horas felices:
Y.- Tacatacatá, tiquití
X.- Amenceu a bugina abrindo os abanos da sensibilidade
Y.- Piu, xaiiiiiiii
X.- Quente arrecendo sen mar
Y.- ai, ai, ai!
X.- “do perplexo soño
Y.- (glups)
X.- das xeracións humanas”
Y.- Aflorou a luz con melodía…
X.- Ala!
Y.- Se cadra a buguina, o mar e o espertar olen tamén noutra estación
X.- Se cadra si, se cadra…
Y.- Nunca se sabe!
X.- “Hai que vivir dentro ou fóra do tempo coincidindo nas escumas”,
Y.- “Ou entregar o corazón? ”
X.- Ufff! Calor, moita calor.
X.- Ñññññññ Frío, moito frío.
Y.- Mmmmmmmm. Esperanza morna.
X.- Harmonía.
Y.- Petan os lóstregos no fondo do pozo porque vibra a alma sedenta de verdade e inunda de axóuxeres a entraña da terra mollada.
X.- Vou, dixo.
Y.- Son testemuña, sabes? Vexo as constelacións. Agradezo o risco.
X.- Elas dixeron: Sentimos as uvas na solaina!
Y.- Escóitase o latexo da amizade, expresando alta estima…
Degústase o sabor liberador que o padal percibe de ti.
X.- Gózase da cor do mel, do xade valente e firme.
Vóase con ás polos camiños e árbores da dignidade
Y.- Apalpemos o delicado xogo da historia,
mentres escoitamos o son da prolífica lembranza sementar futuro
X.- Saquemos o cranio no espertar da luz
Y.- Habitante de universos marabillosos.
Gozando polos mapas, polas arquitecturas, polos versos…
X.- Proxectando imaxes e faíscas.
Y.- Cantas raiolas!
Expresando compromiso
Na arela vital…
X.- No agarimo da amizade ese peito teu dura sempre.
Y.- Na sala dos espellos transmútanse os corpos, as voces, as emocións…
Excítanse as fillas inmortais, desafiantes…
X.- O manancial flúe
Desde a valentía
Desde o alento…
Están os tempos!
Ánxeles Cuña


