Por fin podemos desvelarvos unha das actividades na que levamos tempo traballando e que nos fai moitísima ilusión: o próximo venres 27 de xuño, ás 20.30h na Casa das Letras de Ribadeo, teremos o luxo de ter con nós a  Nuria Varela na charla-coloquio Íamos ser raiñas, na que teremos a oportunidade de reflexionar e debatir sobre o machismo e o feminismo, o papel do feminismo hoxe en día, as diferentes violencias simbólicas que nos afectan e que están completamente naturalizadas, etc.

 

 

Como ben sabedesNuria Varelaé xornalista e feminista. Cun máster universitario en estudos interdisciplinares de xénero e outro en políticas de igualdade entre homes e mulleres, ten traballado na axencia de noticias OTR (OTR Press – Europa Press), nos semanarios Panorama, Interviu e Tiempo, na Cadena Ser e no periódico La Marea. Tamén ten colaborado en publicacións como Meridiam, Números Rojos, Revista Europea de Derechos Fundamentales, Revista 21 y Contrapunto, de América Latina. Cubriu os feminicidios de Ciudad Juárez (México) e conta con gran experiencia en conflitos bélicos, sobre todo desde o punto de vista do activismo feminista

 

Nuria Varela tamén desenvolveu o seu traballo no ámbito institucional e participou na posta en marcha do Ministerio de Igualdade do estado Español no ano 2008, levando o equipo de comunicación e como asesora da Ministra. Como escritora ten publicado os libros Íbamos a ser reinas (Edicións B, 2002), Feminismo para principiantes (Edicións B, 2005), e La voz ignorada. Ana Orantes y el fin de la impunidad (Editorial EnDebate, 2012). Publica con moita frecuencia artigos de actualidade, sempre desde un punto de vista feminista, na súa páxina web www.nuriavarela.com e é Directora da Editorial Hotel Papel

 

Animádevos a vir a Ribadeo? Estades tod@s convidad@s!

Síguenos nas redes:

Share This