Para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres e sexto aniversario do Observatorio, temos preparado un mes de marzo cargado de actividades reivindicativas, informativas e formativas. Anotade ben nas vosas Axendas Feministas:

 

Sábado 8 de marzo: pola mañá participaremos no acto que se organiza, polo Dia Internacional das Mulleres, desde a area de Igualdade, Benestar e Deporte da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo. Será ás 11h na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, en Lugo. Un pequeno acto no que se leerá o manifesto asinado polo Observatorio e diversas asociacións da provincia de Lugo, seguido dunha pequena actuación musical. 

 

Ese mesmo sábado pola tarde, ás 20.00h na Casa da Cultura de San Cibrao, participaremos no foro sobre os dereitos humanos organizado pola Asociación Cultural Os Aventados de San Cibrao. 

 

 Domingo 9 de marzo: o feminismo galego sae de novo as rúas! Ás 12.00h, convocada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, estaremos na Manifestación Nacional en Compostela, desde a estación de tren até a praza da Quintana, polos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres. Enchamos a Quintana! Berremos alto e claro! Nós parimos, nós decidimos!

 

– Venres 21 de marzo: retomando o ciclo de charlas informativas, o venres 21 ás 20.00h na Casa das Letras de Ribadeo, teremos unha charla informativa sobre a custodia compatida coa avogada Victoria Carbajal Fernández, do colectivo asturiano Abogadas para la Igualdad, co obxectivo de clarificar que é iso da custodia compatida, cal é a lexislación vixente e cal é a realidade nos casos de custodia compatida imposta. 

 

Última semana de marzo: aínda que está por confirmar o día exacto, a última semana de marzo dará comezo en Ribadeo un curso de fotografía dixital para mulleres impartido por Ánxela Rodríguez García

 

Que vos parece? Animádevos a acompañarnos?

Síguenos nas redes:

Share This