O feminismo galego sae de novo ás rúas! Serápróximo 9 de marzo en Compostela, na Manifestación Nacional polos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres convocada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, da que o Observatorio forma parte

 

Desde o Observatorio estamos mirando a posibilidade de contratar un autobús para facilitar o desprazamento das persoas da Mariña a Compostela, mais precisamos saber se vos interesa ou non. Así que se che/vos apetece ir en bus, escribenos/escribidenos a observatorioigualdade@gmail.com antes do luns 3 de marzo. De reunirmos un mínimo de persoas, contrataríamos o autobús que se pagaría a escote entre tod@s

 

Enchamos a Quintana o 9 de marzo! Polos nosos dereitos sexuais e reprodutivos! Nós parimos, nós decidimos!

 

 

 

 

 

Síguenos nas redes:

Share This