Este xoves 14 de novembro terá lugar a proxección da película An education, de Lone Scherfig, no V Video-forum Mulleres no Mundo. Coma sempre, ás 19.00h no Salón de Actos da Uned, en Foz. Agardámosvos!

 

 

Trailer: http://www.youtube.com/watch?v=aPdTMbkvsc0

 

 

Sinopse:

 

É 1961 e Jenny (Carey Mulligan), unha atractiva e brillante moza de 16 anossoña cunha existencia bohemia con aroma a tabaco Gauloise, mentres canta cancións de Juliette Greco na súa habitación de Twickenham.  Asfixiada polo tedio da rutina propia da adolescencia, Jenny está impaciente por dar o salto á súa vida adulta. Namentres, é unha estudante aplicada, sobresaínte en todas as materias salvo en latín, polo que o seu pai está convencido que logrará a praza que soña na Universidade de Oxford.

 

Un día chuvioso, a súa vida nos suburbios cambia radicalmente coa chegada de David (Peter Sarsgaard), un pretendente pouco convinte. Cos seus máis de trinta anos, urbano e enxeñoso, David despraza instantaneamente a Graham (Matthew Beard), o tamén adolescente e tartamudeante admirador da súa infancia. Para sorpresa dela, David arránxallas para cativar mesmo aos seus conservadores pais Jack (Alfred Molina) e Marjorie (Cara Seymour), vencendo sen ningún esforzo as obxeccións naturais que estes teñen cara a el, xa adulto, e xudeu, como pretendente da súa filla.

Síguenos nas redes:

Share This