Este xoves 25 de abril, ás 20.00h na Casa da Cultura de Burela, proxectaremos a película Clara Campoamor, la mujer olvidada, de Laura Mañá,  para coñecermos un pouco mellor a esta política e feminista española que defendeu nas Cortes o voto feminino e o logrou o 1 de outubro de 1931. 

 

Recordade que a actividade é gratuíta e que haberá cafés, infusións e pastas para quen o desexe! Agardámosvos!

 

 

 

Sinopse da película

 

No ano 1931, en España se proclama a Segunda República. Neste contexto, as mulleres son elixibles pero non poden votar. Clara Campoamor e Victoria Kent son as primeiras mulleres deputadas que pisan as cortes e se plantexan firmemente loitar polos dereitos das mulleres. Clara Campoamor sabe que iso pasa por unha primeira e gran conquista: o voto feminino. A partir dese momento, a súa loita non é nada fácil. Moi pronto atopa o seu primeiro obstáculo: os seus propios compañeiros de partido, republicanos e de esquerda, temen que as mulleres voten influenciadas pola igrexa e, por elo, á dereita, así que non a apoian. Ese argumento se xeneraliza e fai que Clara Campoamor vaia quedando sola no parlamento na súa defensa do sufraxio universal. Despois dunha loita constante, e despois de múltiples traizóns, o 1 de decembro de 1931, Campoamor consegue o seu obxectivo: o voto para as mulleres.

Síguenos nas redes:

Share This