No Observatorio adicamos a  Axenda Feminista 2013 ás Escritoras Galegas, comezamos as actividades do ano con libros  – coa presentación do último traballo de Aurora Marco – e parames de marzo continuamos con máis libros. Marzo é un mes sinalado no calendario feminista así que qué mellor que presentar en Ribadeo e dar a coñecer o libro 22 documentos do feminismo galego que edita a Fundación Galiza Sempre

 

 

Foi o venres 1 de marzo, na Casa das Letras de Ribadeo, cando tivo lugar a presentación de 22 documentos do feminismo galego da man de Isabel Rodríguez Mate, historiadorainvestigadora que se encargou da coordinaciónrecompilación da documentación que integra o libro. Cun alto valor histórico e documental, o libro pon a disposición de todo o mundo diferentes documentos que permite facer un percorrido pola historia do feminismo galego a través dos seus diferentes contextos e loitas que se teñen vivido nas últimas décadas. Loitas algunhas que xa se conseguiron e outras que os movementos feministas actuais seguimos reivindicando: equiparación das traballadoras do fogar ao resto de traballadoras, aborto libre e gratuíto, creación de escolas infantís ou a penalización aos medios de comunicación que difunden unha imaxe das mulleres como obxecto de consumo sexual.

 

Os 22 documentos reproducidos, panfletos e manifestos do movemento feminista galego entre 1975 e o 2003, recórdanos que os dereitos non caen do ceo e que para a súa inclusión na legalidade foi necesaria a loita de moitas persoas, sobre todo mulleres, moitas veces en condicións adversas.

 

A escolla dos textos  boa conta das principais reivindicacións feministas e están agrupados en tres bloques temáticos: A ruptura co rol tradicional das mulleres; As reivindicacións feministas en defensa da autonomía das mulleres; e As mulleres e a política.

 

Unha presentación moi interesantena que debatimos nun ambiente moi agradable. A loita continúa!

 

Síguenos nas redes:

Share This