Deixámosvos co precioso poema que Rosa Cedrón nos facilitou para a nosa Axenda Feminista 2012 Daquelas que Cantan , na que lle adicamos o mes de agosto. 

 

 

LÍA SOÑOS

 

Dama de branco manto

baixa a lúa danzará.

Coa súa melena ó vento, 

lía soños,

liará.

 

Debulladiña en bágoas, 

ladaíñas de coral.

Os soños do mundo enteiro, 

lía soños, 

lía que liará.

 

Da súa fragrancia xorden

as notas dunha canción.

Cos misterios do seu ventre

lía soños, 

liará.

 

Bágoas de prata e nacre, 

doce embruxo traerán.

Os soños do mundo enteiro, 

lía soños, 

lía que liará.

 

                                Rosa Cedrón

Síguenos nas redes:

Share This