E seguindo coa campaña 2012, DAQUELAS QUE CANTAN, de visibilizar e valorizar o traballado das nosas artistas galegas, adicamos o mes de febreiro da nosa axenda feminista a Guadi Galego. Deixámosvos coa foto e o texto que ela mesma nos mandou, e aproveitamos para recordarvos que aínda hai axendas dispoñibles! Só tedes que poñervos en contacto con nós!

GUADI GALEGO
Chámome Guadi Galego e son de Cedeira, iso implica ser Norteña, marítima e muller.
A música forma parte do meu universo, como paisaxe sonora dun filme, o da vida, o que supón unha infinidade de momentos musicais e persoais no que a diversidade é a tónica. Ter nacido e terte criado nesta esquina do espazo faiche ter unha visión particular das formas e do mundo. Dende querer ser “musa do mar” á de querer facer a “revolución marítima“, cantar nas tabernas dos mariñeiros e traspasar o océano dos ceos.
Sempre á procura de mundos útopicos, distintos?… iso si en clave feminina.
Guadi Galego


