O próximo sábado, 11 de xuño, terá lugar ás 21.30h no Auditorio de Mondoñedo o I CONCERTO MÚSICAS E LETRAS EN FEMININO. O evento, que pretende consolidarse como unha actividade anual do Observatoiro da Mariña pola Igualdade, ten como obxectivo a promoción da creación artística das mulleres da Mariña, tanto das que se achegan ás diferentes artes dunha forma amateur, de desenvolvemento persoal, como daquelas que desenvolven proxectos artísticos profesionais.

Neste primeiro ano contarase co grupo de pandereteiras Alesancia, formado por mulleres de diversos concellos da Mariña, e coa nova proposta de Ugia Pedreira, unha das artistas galegas máis recoñecidas na actualidade tanto dentro como fóra do noso país. Asimesmo, rapazas do IES San Rosendo de Mondoñedo lerán poemas de autoras da Mariña.

O prezo xeral da entrada será de 3 euros, 1 euro para estudantado

Agardámosvos!!

Síguenos nas redes:

Share This