E coa Axenda Feminista 2014: Teatreiras Galegas. Non nacín para ser domesticada xa na rúa,  chegan as presentacións oficiais en Compostela e Ribadeo. Anotade ben as datas porque merecen a pena!

 

 

A primeira presentación será o xoves 5 de decembro, ás 20.00h na Libraría Feminista Lila de Lilith, un sitio onde nos sentimos coma na casa e ao que non podíamos faltar un ano máis, despois de ter presentadas alí as axedas das músicas e das escritoras. Coma sempre, estaremos acompañad@s de varias das protagonistas da Axenda Feminista 2014: Paula Carballeira, Anxela G. Abalo, Anabell Gago, Iria Sobrado e María Armestro, (por agora!), teñen confirmada a súa asistencia

 

O sábado 7, ás 12.30h, estaremos na Casa das Letras en Ribadeo e tamén estaremos acompañadas xa que Comba Campoy, a protagonista mariñá deste ano na Axenda Feministaestará con nós

 

Un luxazo de presentacións que non debedes perder!

 

Recordámosvos que a Axenda Feminista 2014: Teatreiras Galegas. Non nacín para ser domesticada, ten un prezo de 12 euros (10 euros para soci@s do Observatorio) e que, a partir da primeira semana de decembro,  poderase adquirir nos seguintes puntos de venta

 

  • Ribadeo: Libraría Casa das Letras e Tenda de Calidade Guidán.
  • Foz: Libraría Bahía.
  • Burela: Libraría Espacio Lector Nobel e Papelería Atril.
  • ViveiroLibraría Porta da Vila.
  • Coruña: Libraría Suevia.
  • Santiago de Compostela: Librería feminista Lila de Lilith e Libraría Pedreira
  •  

Tamén podedes poñervos en contacto co Observatorio a través do facebook, escribindo un mail a observatorioigualdade@gmail.com, ou no teléfono 627.037.668. Enviámosvos á axenda por correo postal a onde nos digades. Bulide que voan!

Síguenos nas redes:

Share This