Este mes de agosto non nos esquecemos da nosa campaña Libre é a miña alma, e libre é o meu pensamentode visibilización e valoración das nosas escritoras. Deixámosvos coa fermosa versión que Carmen Blanco, lucense de nacemento pero case mariñá de adopción, fixo para nós da letra que xa escribira do himno galego da Marcha Mundial das MulleresMarchando máis alá“. O noso, “Mariñas máis alá” 😉

 

 

Mariñas máis alá

 

Á Mariña mar mira montes todomira

mera masma asma augas liberadas

marabillas do mundo leitos

mamápapávaivenben

 

Mulleres libres polo mundo mulleres libres partimos

Mariñas nadas no mar das illas dos mares libres vimos nós

Alicias Galicias libres con luces nos ollos libres imos

Cos corazóns collidos nas mans collidas das mans nós camiñamos

Pasos libres acompasados co paso dos parias trazamos

Pasamos nós polas cidades libres cidadás libres con vós

 

Mulleres libres polo mundo mulleres libres marchamos

Mariñas nadas no mar das illas dos mares libres somos nós

Vivas ventres vivos contra a violencia libres bailamos

Libres corpos libres polas carballeiras cantamos libres con vós

Labios libres con liberdade a auga nas fontes bebemos

Cruzamos nós territorios libres criaturas libres sen dor

 

Mulleres libres polo mundo mulleres libres andamos

Mariñas nadas no mar das illas mareas libres levamos nós

Sabias sentidas contra os poderes libres pensamos

Libres mentes libres razóns e alegría con elas nós actuamos

Pan e rosas para compartir partimos os soños cumprimos

Amamos nós polos espazos libres humanas libres fragor

 

Mulleres libres polo mundo mulleres libres chegamos

Mariñas nadas no mar das illas aos mares libres imos nós

Xustas valentes contra a escravitude libres loitamos

Libres seres libres con independencia vivimos libres con vós

Luz e lume propagadoras de paz o progreso traemos

Avanzamos nós polos lugares libres persoas libres clamor

 

(Versión mariña de “Marchando máis alá”

para o Observatorio da Mariña pola Igualdade)

Carmen Blanco

Síguenos nas redes:

Share This