Continuamos co I Video-forum Rachando moldes. Mulleres que fixeron historia, desta volta para coñecer un pouco mellor á escritora Virginia Woolf – feminista británica considerada unha das máis destacadas figuras do modernismo literario do S.XX – a través da película Las horas, de Stephen Daldry. Será o próximo xoves 18 de abril ás 20.00h na Casa da Cultura de Burela. E coma sempre, a actividade é gratuíta, para todas as persoas que o desexen, e convidámosvos a un café e unhas pastas.

Las horas narra a historia de tres mulleres de épocas diferentes que tratan de encontrarlle sentido á vida. A principios dos anos 20, Virginia Woolf, nun elegante barrio de Londres, loita contra a súa tolura mentres comeza a escribir a súa primeira gran novela Mrs. Dalloway. A finais da Segunda Guerra Mundial (1935-1945), nos Ángeles, a Laura Brown, unha muller casada e con fillos, a lectura de “Mrs. Dallowey” resúltalle tan reveladora que comeza a considerar a posibilidade de cambiar radicalmente a súa vida. En Nueva York, Clarissa Vaughan, unha versión actual de “Mrs. Dalloway”, está namorada do seu amigo Richard, un brillante poeta enfermo de SIDA.
Vémonos!


