Como xa sabedes, este ano para conmemorar o noso quinto aniversario de andaina feminista na Mariña  e o Día Internacional das Mulleres escollemos o lema Compatindo loitas coas traballadoras do fogar. 5 anos na defensa da igualdadee organizamos outro acto informativo, o pasado sábado 9 de marzo na Casa das Letras de Ribadeo, da man da avogada laboralista Mar García Pombo, que se encargou de exlicarnos a situación deste colectivo e deu a coñecer as novas modificacións lexislativas que entrarán en vigor o próximo 1 de abril. Unha charla moi interesante na que quedou patente, de novo, que @s traballador@s do fogar aínda non teñen plenos dereitos ao non estar o colectivo incorporado ao Réxime Xeral de Traballador@s e que aínda queda moito que loitar

 

 

Deixámosvos un pequeno resumo das novas modificacións que se comentaron na charla e que entrarán en vigor en poucos días, o próximo 1 de abril: 

 

– No caso das traballadoras que prestan servizos de menos de 60 horas mensuais, a partir do 1 de abril do 2013, e se as dúas partes están de acordo, a responsabilidade de alta e baixa na Seguridade Social pode trasladarse á traballadora. Neste caso será a traballadora a responsable de ingresar toda a cotización, pero a parte empregadora ten a obriga de entregarlle á traballadora cada mes, xunto co salario, a cota da seguridade social a cargo da parte empregadora. 

 

– A táboa de cotización das traballadoras con xornada inferior ás 60 horas mensuais cando exista acordo de traspado da obriga de cotizar é: 

 

TRAMO SOLDO MENSUAL CON PRORRATA DE PAGAS BASE DE COTIZACIÓN COTA A CARGO DA PARTE EMPREGADORA COTA A CARGO DA TRABALLADORA
1 Até 172.05 147.86 35.49 5.69
2 Desde 172.06 até 268.80 244.62 58.71 9.42
3 Desde 268.81 até 365.60 341.40 81.94 13.14
4 Desde 365.61 até 462.40 438.17 105.16 16.87
5 Desde 462.41 até 559.10 534.95 128.29 20.59
6 Desde 559.11 até 655.90 631.73 151.61 24.32

 

– A parte empregadora dunha persoa que traballa menos de 60 horas mensuais pode darlle de alta e cotizar. Non está obrigad@ a pasarlle a responsabilidade da alta e cotización á traballadora.

 

– A parte empregadora que contrate 60 horas mensuais ou máis está sempre obrigada a darlle de alta e cotizar pola parte traballadora, independentemente de cal sexa a xornada que esta teña noutros domicilios. 

Síguenos nas redes:

Share This