O pasado xoves 14 de febreiro tivo lugar no IES Monte Castelo de Burela a presentación do número 54 da Revista Galega de Educación, de Nova Escola Galega. O monográfico “Construíndo os afectos desde a escola“

Na presentación interviron:
– Inés García Seijo, representante do Observatorio da Mariña pola Igualdade
– Emilio González Legaspi, de Nova Escola Galega.
– Carme Adán Vilamarín, directora do monográfico
– África López Souto, colaboradora no monográfico.
Este número 54 da Revista Galega de Educación toca temas tan interesantes como os estereotipos de xénero nos medios de comunicación, o cinema e a educación emocional, as marcas de xénero que transmiten as cancións favoritas d@s adolescentes, os modelos de publicidade, a homosexualidade e a homofobia ou diferentes experiencias nas escolas a través das bibliotecas escolares, etc. Un número moi completo que vos recomendamos e do que podedes consultar o sumario neste enlace.



