Seguimos coas actividades para este mes de febreiro coa presentación do número 54 da Revista Galega de Educación, de Nova Escola Galega. O monográfico “Construíndo os afectos desde a escola“ será presentado o próximo xoves 14 de febreiro, ás 20.00h, no IES Monte Castelo de Burela.

Intervirán:
– Emilio González Legaspi, representante de Nova Escola Galega
– Carme Adán Vilamarín, directora do monográfico
– África López Souto, colaboradora no monográfico
– Inés García Seijo, representante do Observatorio da Mariña pola Igualdade
O ano pasado, tamén por estas datas, o Observatorio participara na presentación do número 51 da Revista, adicada daquela volta ao xogos e xoguetes tradicionais. Podedes recordarlo pinchando aquí.
Non vos perdades esta nova presentación que pinta ben interesante!!


