Comeza o IV video-forum Mulleres no Mundo coa proxección da película Criadas y señoras, o próximo xoves 8 de novembro ás 19.00h no Salón de Actos da UNED (Foz). Recordade que toda a actividade é gratuíta e que está concedido un crédito UNED de libre configuración con dereito á expedición de certificado oficial.

Se vos apetece pasar unha tarde distinta e agradable, con café quentiño e pastas incluído, só tedes que vir até o salón de actos da UNED (no IES de Foz). Ao igual que todos os anos, faremos unha breve contextualización do filme antes de proceder ao seu visionamento. Ao remate, procederemos ao debate-reflexión, sempre cunha metodoloxía participativa na que toda a xente que o desexe poida participar.
A película coa que comezará este IV Mulleres no Mundo é Criadas y señoras (EE.UU) de Tate Taylor, estreada en agosto do 2011 e baseada na novela homónima de Kathryn Stockett. Ambientada no Mississipi dos anos 60, narra a vida dunha moza sureña que regresa da universidade decidida a converterse en escritora. A súa chegada alterará a vida da cidade e incluso a d@s amig@s, xa que se propón entrevistar ás mulleres negras que pasaron a vida ao servizo das grandes familias sufrindo todas as formas de discriminación racial.
Agardámosvos!


