O próximo 13 de xullo terá lugar, na Casa do Mar de Ribadeo, “Son de mulleres. Respotas á invisibilidade da muller na música“, unha xornada coa que se pretende potenciar cambios de actitudes para fomentar así unha igualdade real e efectiva entre mulleres e homes na arte. O descoñecemento xeralizado de estudos e prácticas musicais dende unha perspectiva de xénero foi o que impulsou este proxecto educativo-musical pioneiro en Galiza e que é froito da colaboración da Asociación Cultural Musiqueando, o Centro de Información ás Mulleres de Riabadeo, a Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo, a EMMeD de Ribadeo, a Asociación Amadores da Música e o Observatorio da Mariña pola Igualdade.

Ao longo da historia da música o esquecemento e o descoñecemento sobre as mulleres compositoras ou intérpretes foi constante e mantense vivo aínda na actualidade. Xa que logo, a partires do recoñecemento das causas e consecuencias desa invisibilidade, o que se pretende é realizar unha aproximación á produción musical sen exclusión de xénero e ofertar modelos femininos positivos que estimulen a participación doutras mulleres na música e na danza.
A invisibildade das compositoras, o número de músicas, que actualmente continúa a ser baixo, o abismo entre as porcentaxes de mulleres que se forman como músicas e de mulleres que se dedican á música de xeito profesional é tan abrumador que aínda causa perplexidade. Ante esta situación é necesario difundir o traballo das mulleres que se adicaron e se adican á música. Visbilizar ás compositoras, as súas obras, as súas teorías e achegas para repasar as súas traxectorias profesionais e darlles o valor que se merecen.
Esta xornada abordará, por unha parte, aspectos teóricos relativos á invisibilidade das mulleres no mundo da música e, por outro lado, centrará a súa atención en actividades prácticas para as alumnas e alumnos de escolas de música e danza, integrantes de agrupacións musicais e público en xeral. O programa será o seguinte:
9.30h: Presentación da xornada coa intervención do Concello de Ribadeo, Vicepresidencia 1ª da Deputación de Lugo, AC Musiqueando, Asc. Amadroes da Música e Observatorio da Mariña pola Igualdade.
10.00h: Relatorio “Aproximación histórica á invisibilización da muller no eido musical”, de Mercedes Zavala, compositora e integrante do consello do Instituto de Investigacións Feministas da Universidad Complutense de Madrid.
11.15h: Pausa-Café
11.30h: Mesa redonda “O papel das mulleres e o mantemento da música tradicional: os casos de Galiza e Euskadi“, con Ugia Pedreira, Idoia Kareaga e María Xosé Silvar “Sés“.
12.30h: Coloquio coas artistas “Mulleres e músicas neste tempo”, con Ugia Pedreira, Idoia Kareaga, María Xosé Silvar “Sés“, Irimia Cantareiras e Alesancia.
13.30h: Xantar.
16.00h: Obradoiros:
– “Percorrido pola música galega“, impartido por Olga Nogueira
– Clase maxistral de danza impartida por Branca Novoneyra.
18.00h: Homenaxe ás “Meniñas da Saudade“. Proxección do documental “Saudade e retrato en si bemol“, de María Acuña.
21.00h: No Cine-Teatro de Ribadeo (Rúa San Roque, 2): Concerto coas actuacións de Banda Municipal de Ribadeo, Alesancia, Irimia Cantareiras, María Xosé Silvar “Sés” e Ugia Pedreira.


