O pasado xoves 19 de abril recuperamos o ciclo de charlas-café falemos de… Como xa sabedes nestas charlas tratamos temas de actualidade e, como peculiaridade, lévanse a cabo nun ambiente informal e mentres gozamos dunha consumición. Desta volta, a pesar de que non se fixo nunha cafetería senón na Casa das Letras de Ribadeo, non faltaron o café, o cacao e o bo ambiente. Os Feminicidios: de Ciudad Juárez a Europa, foi o tema escollido nesta ocasión e, para explicarnos mellor esta realidadetivemos a sorte de contar con nós con Sonia Herrera Sánchez, licenciada en comunicación audiovisual pola Universidad Autónoma de Barcelona e especialista en comunicación educativa, xornalismo, conflictos armados e igualdade de xénero

 

 

 

Sonia Herrera explicou que o feminicidio non é un problema local que sucede noutras partes do mundo, senón  un fenómeno global que ocorre en todo o mundo. Ciudad Juárez (México) desatou a alarma fai case 20 anos, máis compre dicir que a pesar de ser o caso máis coñecido e mediático non é o estado de México que maior número de feminicidios padece. Guatemala, por exemplo, sendo un país máis pequeno ten unha taxa de  feminicidios máis elevada.

 

O que teñen en común os países de centroamérica e latinoamérica é que usan o termo feminicidio para referirse ao asesinato de mulleres, cousa que non ocorre en Europa. Como propuxo Sonia na súa exposición, por que alonxarse do termo feminicidio cando sería mellor aceptalo e traballar con el?  Para Sonia, feminicidio é un termo máis completo e un concepto máis global para referirse aos asesinatos machistas de mulleres ou aos crimes de xénero que suceden  en todo o mundo, xa que non soamente contempla os asesinatos cometidos pola parella ou ex parella, senón por calquera home incluíndo tamén os crimes cun alto contido sexual”. 

 

É importante, polo tanto, unha apropiación e internacionalización do termo porque así todas e todos visualizaríamos dunha forma máis clara a magnitude dos asesinatos por violencia machista, misóxina ou feminicida que se comenten en todo o mundo. Ademais, desde un punto de vista comunicativo isto facilitaría “a organización de campañas de loita contra a violencia machista a nivel internacional, unha maior involucración dos organismos internacionais e un aumento dos compromisos de cooperación

 

 

 

Síguenos nas redes:

Share This