Como xa sabedes, o Observatorio da Mariña pola Igualdade organizou a pasada semana unha charla informativa, en Ribadeo, sobre o novo réxime das traballadoras do fogar. Ao acto acudiron algo máis de 70 persoas, tanto da parte traballadora como da empregadora, para infomarse das novas modificacións que entraron en vigor o pasado 1 de xaneiro.
Dende o Observatorio estamos a preparar unha campaña informativa máis fonda para toda A Mariña. En breve vos informaremos de novos actos!. De momento, deixámosvos con algunha información das cousas máis importantes que se falaron o outro día e das que nos informaron Mercedes Andrade e Teresa Rodríguez, da asociación compostelá de empregadas do fogar “Xiara“. Lembrade que calquera dúbida que teñades só tedes que poñervos en contacto con nós!

A partir do 1 de xaneiro, a cotización á Seguridade Social das traballadoras do fogar é do seguinte xeito:
- Cotizarase dependendo do soldo, segundo os tramos que aparecen abaixo. O soldo mensual calcúlase incrementado coa prorata de pagas extras. Por exemplo, 500 € ao mes e dúas pagas enteiras é:
500×14/12= 583,33 e estaría para a cotización no tramo non 12.
- A base que corresponde ao tramo 12 é 579,86 €, á que se aplica o 18,3% para continxencias comúns (ten un 20% de desconto nas novas altas), un 1,10% para accidentes laborais e un 3,7% que é a achega da traballadora.
- A parte empregadora ingresa cada mes toda a cota de seguridade social, que é a suma da aportación da empregadora e a da traballadora.
- Desaparecen as traballadoras discontinuas, as que se daban de alta na Seguridade Social e pagaban elas mesmas a súa cotas.
- Xa non hai que pagar a cota enteira nas baixas de enfermidade e maternidade, séguena pagando as dúas partes como cando se está de alta e traballando.
- A baixa de accidente de traballo cobrarase dende o primeiro día. A de enfermidade cobrarase dende o cuarto ata o oitavo día a cargo d@ empregador/a, a partir do noveno día a baixa pagaraa a Seguridade Social.
- Nas contratacións posteriores ao 1-1-2012, hai que darse de alta directamente no Réxime Xeral; para as contratacións anteriores a esa data hai 6 meses, ata o 1-7-2012 para pasar ao Réxime Xeral. Nese tempo, o xeito de cotizar e a prestación da baixa serán como no pasado.
- A parte empregadora non poden obrigar a pagar a cota á Seguridade Social, é unha obriga das dúas partes. Daránse os seguintes casos:
- A parte empregadora que antes non cotizaba porque tiñan contratadas menos de 20 horas ou porque a traballadora acudía a varios domicilios, cando comece a cotizar á Seguriade Social poderá reducir o soldo mensual segundo as cifras que aparecen na táboa como aportación da traballadora.
- Polo contrario, a parte empregadora que viñera pagando a cota única antes da reforma, e comece agora a cotizar máis barato (segundo se ve na táboa), terá que subir o salario á traballadora. Para saber canto a operación é esta resta: Para saber canto, a operación é esta resta:
27,68 (que é o que antes pagaba a traballadora, e se lle deducía do soldo) – o que pagará segundo a táboa. Exemplo. quen gañaba 500 € e cotizaba 27,68, agora só cotizará 17,90 €. Téñenlle que pagar a diferenza: 27,68 – 17,90 =9,78 € máis ao mes.
-
As que gañen máis de 700 € seguen cotizando igual, non varía nada.
|
Tramo |
Soldo mensual con prorrata de pagas |
Base de cotización |
Cuota total Seguridade Social |
Aportación da Traballadora |
|
|
Con bonificación |
Sin Bonificación 1 |
||||
|
1 |
Ata 74,83 |
90,20 |
17,54 |
20,84 |
3,34 |
|
2 |
74,84 a 122,93 |
98,89 |
19,23 |
22,84 |
3,66 |
|
3 |
122,94 a 171,02 |
146,98 |
28,56 |
33,95 |
5,44 |
|
4 |
171,03 a 219,11 |
195,07 |
37,96 |
45,06 |
7,22 |
|
5 |
219,12 a 267,20 |
243,16 |
47,27 |
56,17 |
9,00 |
|
6 |
267,21 a 315,30 |
291,26 |
56,62 |
67,28 |
10,78 |
|
7 |
315,31 a 363,40 |
339,36 |
65,98 |
78,39 |
12,56 |
|
8 |
363,41 a 411,50 |
387,46 |
75,33 |
89,50 |
14,34 |
|
9 |
411,51 a 459,60 |
435,56 |
84,68 |
100,61 |
16,12 |
|
10 |
459,61 a 507,70 |
483,66 |
94,03 |
111,73 |
17,90 |
|
11 |
507,71 a 555,80 |
531,86 |
103,39 |
122,84 |
19,68 |
|
12 |
555,81 a 603,90 |
579,86 |
112,72 |
133,95 |
21,45 |
|
13 |
603,91 a 652,00 |
627,96 |
122,07 |
145,06 |
23,23 |
|
14 |
652,01 a 700,10 |
676,06 |
131,42 |
156,17 |
25,01 |
|
15 |
Desde 700,11 |
748,20 |
145,45 |
172,83 |
27,68 |
En canto aos salarios mínimos para o 2012 establécese que:
Para unha xornada de 40 h semanais, o salario mínimo que poderá recibir unha traballadora será 641,40 €/mes (S.M.I) en catorce pagas. Se a xornada é inferior ás 40 horas á semana, o salario calcúlase en proporción.
Recoñécese o dereito a percibir dúas pagas extraordinarias para os que cobran o salario mínimo en relación coa súa xornada.
- Salario mínimo anual: 8.979,60 €/ano en 14 pagas
- Valor mínimo da hora extra 5,02 €/h
- Valor mínimo da hora de presenza 5,02 €.
- A cota de Seguridade Social depende do tramo da base de cotización no que se encontre o salario
- Para o ano 2012, o tipo de cotización será do 22% (18,30 para o empregador/a e 3,70% a cargo da traballador/a)
- Os salarios mínimos, poden mellorarse mediante a negociación entre as partes.
- Respetando a xornada máxima de traballo e os períodos mínimos de descanso, pódese establecer un tempo de presenza, o cal debe estar establecido polas partes tanto na súa duración coma no modo da súa retribución ou compensación.
- En todo caso, as horas de presenza non poderán exceder de vinte horas semanais de media nun período de referencia dun mes e retribuiranse cun salario de contía non inferior ao correspondente ás horas ordinarias.
- En caso de pactarse estas horas de presenza teranse en canta á hora do cálculo salario día, o cal determina o importe de vacacións e futuras indemnizacións.
| HORAS | SALARIO BRUTO | SALARIO NETO |
| 40 | 641.60 | 613.72 |
| 39 | 625.37 | 597.69 |
| 38 | 609.33 | 581.65 |
| 37 | 593.30 | 568.29 |
| 36 | 577.26 | 552.25 |
| 35 | 561.23 | 536.22 |
| 34 | 545.19 | 521.96 |
| 33 | 529.16 | 505.93 |
| 32 | 513.12 | 491.67 |
| 31 | 497.09 | 475.64 |
| 30 | 481.05 | 459.60 |


