Despois do éxito da presentación da Axenda Feminista 2012 Daquelas que cantan en Compostela, o pasado sábado 17 de decembro na libraría Lila de Lilith, e na que contamos coa actuación de Uxía e Sonia Lebedynski que se animaron a ler os  textos que escribiron para a axenda e a cantar unhas pezas, chega o turno da presentación na Mariña. Terá lugar o martes 20, ás 20.00h, na Casa da Cultura de Burela e, desta volta, serán as Batuko Tabanka as que se animen a cantar

 

Como xa sabedes, a Axenda Feminista para o 2012 do Observatorio está centrada este ano nas músicas galegasDAQUELAS QUE CANTAN  é unha homenaxe ás intérpretes, vocalistas, compositoras, artistas e cantautoras que hoxe en día conforman unha rica polifonía de estilos e propostas variadas en Galiza. Para visibilizaro seu traballo, cada mes da axenda está encabezado por  unha das nosas moitas músicas, cunha foto delas e cun texto que elas mesmas concebiron e redactaron expresamente para esta axenda.  Uxía, Guadi Galego, Silvia Penide, María Xosé Silvar, Mercedes Peón, Ugia Pedreira, Susana Seivane, Rosa Cedrón, Leilía, Carmen, Maruxa eTareixa de Fuxan os Ventos, Sonia Lebedynski e asBatuko Tabanka conforman a axenda do Observatorio para o 2012.

Como novidade, este ano o formato da axenda é de 10*15cm, unha axenda de bolsillo moito máis manexable e cómoda de levar todos os díasEstá impresa en papel reciclado e nela tamén atoparedes sinaladas aquelas datas que resultan máis representativas nos avances feministas que fomos conseguindo ao longo dos últimos séculos na loita pola igualdade. Está completamente en galego porque tamén temos un compromiso claro coa lingua do noso País. E, por suposto, é unha axenda dirixida tanto a mulleres como a homes, xa que pensamos que na loita pola igualdade todas e todos somos necesarios! E así, entre todas e todos, poderemos seguir estendendo o ideario feminista, todos os días do ano, todos os días desta axenda!

Anímate a vir á presentación en Burela e faite xa coa túa axenda!! E para @s que non poidades, facilitaremos en breve unha listaxe coas librarías da Mariña nas que atoparedes a axenda. Tamén a podedes adquirir a través do mail do Observatorio: observatorioigualdade@gmail.com

Non quedes sen ela!!

 

 

 

 

 

Síguenos nas redes:

Share This