Xa está case lista a Axenda Feminista 2012 do Observatorio da Mariña pola Igualdade!

Despois do éxito e boa acollida que tivo a primeira axenda feminista do Observatorio, publicada o ano pasado e na que se adicaba cada mes do ano a unha das moitas reivindicacións pola igualdade aínda pendentes, xa temos prácticamente preparada a Axenda Feminista 2012 DAQUELAS QUE CANTAN, adicada este ano ás músicas galegas.
DAQUELAS QUE CANTAN é unha homenaxe ás intérpretes, vocalistas, compositoras, artistas e cantautoras que hoxe en día conforman unha rica polifonía de estilos e propostas variadas en Galiza. Para visibilizar o seu traballo, cada mes da axenda está encabezado por unha das nosas moitas músicas, cunha foto delas e cun texto que elas mesmas concibiron e redactaron expresamente para esta axenda. Uxía, Guadi Galego, Silvia Penide, María Xosé Silvar, Mercedes Peón, Ugia Pedreira, Susana Seivane, Rosa Cedrón, Leilía, Carmen, Maruxa e Tareixa de Fuxan, Sonia Lebedynski e as Batuko Tabanka conforman a axenda do Observatorio para o 2012!
Ademais, este ano estrenamos novo formato de axenda. En 10*15cm, para que sexa moito máis cómoda!. Fai xa a túa reserva a través do facebook do Observatorio ou enviando un mail a observatorioigualdade@gmail.com. Non quedes sen ela!!


