Unha das actividades máis exitosas e asentadas do Observatorio chega a súa terceira edición!. O III Video-forum Mulleres no Mundo, centrado este ano no cinema latinoamericano, desenvolverase nas aulas de UNED, en Foz, durante catro xoves consecutivos, a partir do próximo 27 de outubro, en horario de 19h a 21h

 

 

O prazo de inscrición está xa aberto, e na actividade poden anotarse todas as persoas que o desexen, estándose a tramitar créditos de libre configuración para as persoas participantes.  Quen desexe inscribirse na actividade, totalmente gratuíta, debe pórse en contacto coa UNED de Foz, ben escribindo un correo electrónico a foz@lugo.uned.es, chamando por teléfono ao 982133699 ou acudindo presencialmente ás aulas da universidade en Foz (sitas na rúa Castelao, s/n). Asimesmo, calquera persoa que non precise os créditos de libre configuración non é necesario que se apunte e poderá acudir libremente a cantas sesións queira do Video-forum.

 

As sesións de MULLERES NO MUNDO estarán guiadas por membras do Observatorio da Mariña pola Igualdade. A metodoloxía a seguir consiste en realizar unha breve presentación e contextualización do filmepara a continuación realizar o visionado da película que corresponda a cada día:

● 27 de outubro: Las mujeres de verdad tiene curvas. Dirección de Patricia Cardoso,  USA.

● 3 de novembro: La teta asustada. Dirección de Claudia Llosa. España/Perú

● 10 de novembro: La niña santa.Dirección de  Lucrecia Martel. Argentina/España/Italia

● 17 de novembro: Qué tan lejos. Dirección de Tania Hermida. Ecuador

 

Agardámosvos!!

 

Síguenos nas redes:

Share This