
Coa chegada do outono comeza tamén a nova programación de actividades a prol da sensibilización de xénero do Observatorio da Mariña pola Igualdade. Tras o parón estival, o Observatorio inagurou a nova tempada coa presentación, o pasado xoves 22 de setembro na Casa das Letras de Ribadeo, do libro Madeira de Mulher, unha serie de contos curtos escritos por Adela Figueroa e ilustrados por Celsa Sánchez. O acto, que estivo presentado por Loli Docobo, contou con máis dunha vintena de asitentes. Nun ambente cálido e distendido a autora explicou o porque deste libro e en que se basara á hora de escribilo: contos que tiña escoitado, vivencias persoais ou historias nas que investigou forman parte desta obra dividida en varias partes. Desde logo, unha leitura moi recomendábel para estes primeiros días de outono.




