A reivindicación do Observatorio no mes de agosto, da campaña do 2011 “12 meses, 12 reivindicaciónsé: PARTICIPAR E GAÑAR! Pola non discriminación no deporte.

 

O espazo do deporte estivo secularmente vedado ás mulleres, que debían cumprir cuns papeis sociais que definían a feminidade en termos de delicadeza, debilidade e submisión, fronte á agresividade, competitividade e forza do rol masculino. Grazas aos logros feministas, co transcurso dos anos as mulleres integráronse cada vez máis en actividades deportivas, superando así falsos estereotipos como que a actividade física é algo masculino, que é perigosa para a saúde das mulleres ou que as mulleres non teñen interese pola práctica deportiva. Con todo, a tradicional consideración do deporte como actividade masculina está aínda fondamente arraigada no imaxinario social, e de que o deporte constitúa un espazo especialmente proclive a diferentes tipos de discriminación de xénero, que sitúa ás deportistas nunha situación de desvantaxe fronte aos seus colegas homes. Para comezar, o feminino segue a ser o marcado, e así en practicamente todos os deportes se utiliza o xenérico como sinónimo do masculino (“baloncesto“, “primeira división“) metres se reserva o feminino para particularizar a excepción (“baloncesto feminino“, “primeira división feminina“, etc.). Ademáis, aínda que o deporte adoita ser unha actividade subvencionada por institución públicas, os cartos que se destinan ao deporte feminino supoñen unha cantidade mínima, en comparación cos que se destinan ao masculino. Isto pode vir alimentado polo falso mito de que o deporte feminino non ten tanto tirón como o deporte masculino, pero en calquera caso dificulta que as mulleres poidan converterse en deportistas profesionais, ao teren moitas máis dificultades que os homes en podern vivir do deporte, até o punto de que o ámbito do deporte sexa un nos que maior desigualdade salarial se dá entre mulleres e homes. É por iso que nun ámbito tan masculinizado como o do deporte, cómpre reivindicar con contundencia o fin da discriminación de xénero

Síguenos nas redes:

Share This