E con xullo chega outra reivindicación da campaña “12 meses, 12 reivindicacións” do Observatorio da Mariña pola Igualdade. Este mes apostamos pola  Autodeterminación! Pola liberdade das mulleres nos pobos oprimidos!

 

Entre os individuos, como entre as nacións, o respecto ao dereito alleo é a paz“. A coñecida frase de B. Juárez ilustra, e lémbranos, que no recoñecemento da diferenza e da diversidade é no que se centra a convivencia igualitaria entre os pobos e as persoas. Sermos libres para escoller o noso futuro a partir da asunción do que somos é condición inescusábel dunha democracia merecente de tal nome.

As mulleres galegas sabemos ben o que é soportar unha dobre discriminación: fomos negadas en canto mulleres e fomos negadas en canto galegas, isto é, pola nosa condición feminia e pola nosa pertenza a unha nación e a unha cultura históricamente oprimida e colonizada. Sabíao ben -e sufriunoRosalía de Castro, símbolo da nación, facho que nos fala desde a forza das orixes e nos conecta sen complexos coa modernidade do pensamento máis progresista. Situarnos neste camiño e mudar esta situación esixe entendermos o feminismo como unha loita transformadora, como un movemento que conecta a liberación social e nacional, que entende preciso construír unha nova realidade desde os alicerces da xustiza e do respecto entre iguais. Esta consciencia feminista da dobre alienación debe levarnos, xa que logo, tamén a un dobre obxectivo, verbalizado maxistralmente por María Xosé Queizán no seu Racionalismo político e literario: “as mulleres galegas queremos alcanzar a emancipación nunha Galiza tan independente e insubmisa como nós“. Trátase pois de articular unha política dobremente resistente: desde a alteridade da conciencia nacional, resistiremos contra o imperialismo; desde a alteridade da conciencia de xénero, resisteremos contra un patriarcado que posúe un carácter estructural

 

Síguenos nas redes:

Share This