O pasado sábado 30 de abril o Observatorio presentou en Ribadeo, dentro das IV Xornadas formativas sobre a Abordaxe Integral da Violencia de Xénero no Ámbito Local, o libro – cd Actitudes de xénero no profesorado e alumnado de secundaria da Mariña. Claves para unha escola coeducativa.

Carolina García Chico, secretaria do Observatorio e coatura do libro – cd, explicou ante o numero público os motivos que nos levaron a realizar este estudo, os obxectivos plantexados, a metodoloxía utilizada, os resultados obtidos e as conclusións acadadas. Tamén fixo referencia ás pautas de acción incluídas na publicación para o fomento de valores igualitarios mediante a docencia.
Carolina compartíu mesa con Jorge García Marín, profesor titular do departamento e socioloxía da USC e con Emma Lobato, profesora de Educación Infantil no C.P. Enrique Alonso en Avilés.
Méndez-Iragorri Sánchez, Ana (coord.); Olga Castro Vázquez, Carolina García Chico, Dolores García Docobo, Luísa González Rodríguez, Amara Méndez Alonso, Mónica Pazos Martínez e Ana Touriño Sánchez (2011) Actitudes de xénero no profesorado e alumnado da Mariña: claves para unha escola coeducativa. Ribadeo, Observatorio da Mariña pola Igualdade. ISBN: 978-84-694-0040-1


