O próximo xoves 28 de abril terá lugar, ás 19.00h no salón de actos do IES de Foz, a presentación do libro-cd Actitudes de xénero no profesorado e alumnado de secundaria da Mariña. Claves para unha escola coeducativa, resultado dun exhaustivo estudo cuantitativo e cualitativo levado a cabo durante o ano 2010 polas membras do Observatorio por todos os IES da Mariña. Esperámosvos!


