O Observatorio da Mariña pola Igualdade participou o pasado sábado día 9 de abril no I Encontro de Consellos Municipais da Muller que se celebrou en Vigo. No acto, no que estiveron presentes representantes dos Consellos da Muller de diversos localidades do País como Vigo, Pontevedra, Redondela, Poio, Ourense, Vilagarcía de Arousa, etc. abordouse a situación actual e o funcionamento dos Consellos Municipais da Muller. 

 

Dolores García Docobo, a representante do Observatorio no Consello Municipal da Muller de Ribadeo, encargouse de presentarlles ás persoas asistentes o traballo do Observatorio e a súa participación no Consello Municipal da Muller de Ribadeo. No debate posterior, e tras ser felicitadas por moitas compañeiras polo noso traballo, fixéronse achegas moi interesantes, reincidíndose especialmente  na necesidade de visibilizar os Consellos Municipais das Mulleres e de traballar todas xuntas, en rede, por un País máis igualitario. Xa temos ganas do II Encontro!!

 

      

Síguenos nas redes:

Share This