O Desexo en Imaxes, I Ciclo de Cinema Erótico da Mariña leva o cine erótico a  Foz durante o mes de Febreiro. As sesións, que se desenvolverán todos os venres de febreiro no CENIMA ás 20.00h, contarán cunha pequena presentación do tema a tratar e a proxección dunha película. 

 

Desde o Observatorio consideramos que desde unha perspectiva feminista, o erotismo é un paso importante na concienciación e superación das diferentes manifestacións da discriminación das mulleres. Deste xeito, o coñecemento do propio corpo e da sexualidade por parte das mulleres é un elemento fundamental para conseguir o cambio social que nos achegue a unha sociedade igualitaria e polo tanto mais xusta.

 

Por todo isto, a proposta do Observatorio de realizar un ciclo de cinema erótico vai mais aló da mera proxección e do intento de aproximación como espectadores/as a un tipo de cine; xa que con isto tamén tentamos acercar o erotismo e a carnalidade ás mulleres como un elemento seu, propio, que pode e debe manexar como persoa libre e suxeito completo da sociedade.

 

O ciclo de cinema,  organizado polo Observatorio en colaboración co CENIMA e Radiofoz, é gratuíto e está dirixido tanto a homes como a mulleres. 

 

Deixámosvos co programa!!

 

 

  • Venres 4 de febreiro: A década dourada, anos 70.

20:00-20:30. Presentación: Pequeno recorrido pola historia do cinema erótico ata chegar aos anos 70.

20:30: Proxección:Ultimo Tango en París. Bernardo Bertolucci. Francia/Italia

 

  • Venres 11 de febreiro: As grandes proxeccións de Hollywood, anos 80/90.

20:00-20:30. Presentación: O cinema erótico na industria estadounidense.

20:30: ProxecciónEl cartero siempre llama dos veces. Bob Rafelson. EUA.

 

  • Venres 18 de febreiro: O cine erótico e a literatura

20:00-20:30. Presentación: A relación entre o cinema e a literatura erótica.

               20:30: ProxecciónDamage/Herida. Louis Malle. Reino Unido/Francia.

 

  • Venres 25 de febreiro: O cinema erótico xaponés

     20:00-20:30 Presentación: O cinema erótico en Xapón

     20:30: ProxecciónEl imperio de los Sentidos. Nagisa OshimaXapón/Francia

Síguenos nas redes:

Share This