Con motivo do 25-N, Día Internacional en contra da Violencia Machista, o Observatorio escolleu a vila de Ribadeo para chamar á sensibilización cun pasacalle do grupo “Tumba e Dálle”, un recital poético contra a violencia de xénero e a inauguración dunha mostra de obras coa temática da violencia de xénero realizadas polo artista barreirense Celso Dourado.

 

Ademais, nos días previos ao 25-N tamén se repartiron polos comercios ribadenses globos brancos coas iniciais das mulleres asasinadas durante 2010 como resultado das actitudes machistas e das desiguais relacións de xénero que perduran na nosa sociedade. Na actividade colaboraron o Concello de Ribadeo e o Centro Comercial Aberto de Ribadeo.
 

Síguenos nas redes:

Share This