O 8 de marzo, coincidindo co día da Muller Traballadora, celebramos o noso segundo aniversario!!! Durante estes dous anos de andaina feminista, desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade,  organizamos máis de vinte actividades entre campañas informativas, charlas café, obradoiros, videoforum, talleres, cursos, etc.

 

 

Para celebralo fomos de cea o venres 5. A cita tivo lugar no restaurante A Maseira, en Foz. Antes da festa tivo lugar unha asemblea xeral de socios/as na casa do mar de Foz, na que demos conta do traballo realizado até o momento, fixemos balance da situación actual da asociación e presentamos a memoria 2008-2010, que se entregou aos soci@s en forma de libriño. Por último, valoráronse as actividades propostas para 2010.

Moitas grazas a todas as persoas que nos seguen e que, dun xeito ou outro, colaboran con nós. E, por suposto, ás mulleres mariñás que ao longo destes dous anos participaron nas actividades que realizamos nos distintos concellos da Mariña de Lugo!

 

CONTINUAREMOS TRABALLANDO POLA IGUALDADE NA MARIÑA.

Síguenos nas redes:

Share This