O taller teatral “Ser Home por un Día”, impartido pola compañía teatral Chévere, tivo lugar en Foz no mes de febreiro de 2010. Durante unha tarde as mulleres asistentes convertémonos, por unhas horas, en homes.

Primeiro aprendemos a ocupar o espazo, a movernos e a falar coma homes, para despois acudir a un bar e poñer en práctica as nosas novas identidades. O obradoiro serviu para reflexionar sobre as identidades de xénero, os roles e os estereotipos.


