Ribadeo e Burela acolleron, no mes de marzo de 2008, unha xornada informativa sobre a situación das traballadoras do fogar. Falouse sobre os cambios lexislativos no réxime das traballadoras do fogar, coa colaboración da asociación compostelá “XIARA”. Ademais, proxectouse a curtametraxe “Esquecidas” (2007), dirixida por Luqui Matthews.



