No mes de xuño de 2009 o Observatorio levou á rúa a campaña informativa Que é iso da Lei do Aborto?, sobre a reforma lexislativa que se estaba a emprender tocante á saúde reprodutiva, sexualidade e interrupción voluntaria do embarazo. Repartíronse milleiros de folletos en diferentes lugares como mercados, comercios, centros sanitarios, casas da xuventude e institutos, nos que se explicaban as diferentes posicións sobre a interrupción voluntaria do embarazo. O obxectivo da campaña era promover a reflexión crítica da sociedade dunha forma construtiva e contrastiva, para que deste xeito cada persoa puidera formarse a súa propia opinión sobre o aborto.



