Durante este último trimestre do curso escolar estivo levándose a cabo por diversos centros de ensino secundario da Mariña de Lugo a campaña Dándolle a Volta. Tras a experiencia do IES Marqués de Sargadelos Durante o mes de maio tocoulles a quenda ao IES Perdouro, de Burela, e ao IES Dionisio Gamallo Fierros, de Ribadeo.

 

 

Traballamos con alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO a construción da identidade de xénero, os roles e estereotipos sexistas, a socialización diferenciada que se nos dá a homes e mulleres dende o momento do nacemento e a violencia de xénero, incidindo neste último caso nos modos en que se dá e posibles abordaxes para a súa prevención.

No próximo curso académico esperamos seguir traballando coa nosa mocidade xa que nos parece fundamental a educación en igualdade da xente máis nova.

Síguenos nas redes:

Share This