Comezamos a primavera retomando o ciclo de charlas informativas que, cada certo tempo, facemos sobre temas de actualidade. Desta volta imos falar dun tema moi interesante e que xenera moito debate, a custodia compartida. Que é exactamente iso da custodia compartida? Que pretende a reforma do Código Civil coa custodia compartida imposta? Que problemas a nivel práctico se están producindo coa custodia compartida imposta?

 

De todo isto e moito máis falaremos o próximo venres 21 de marzo, ás 20.00h na Casa das Letras, coa avogada Victoria Carbajal, do colectivo asturiano “Abogadas para la igualdad”. Animádesvos?

 

Síguenos nas redes:

Share This