E para rematar a serie de actos reivindicativos e informativos en torno ao dereito ao aborto, tivemos o pasado venres 14 de febreiro, na Casa das Letras de Ribadeo, a charla-café Os dereitos sexuais e reprodutivos a debate”, coa gran amiga Lola Ferreiro

 

 

Dun xeito moi instructivo e ameno, Lola Ferreiro – Doutora en medicina e cirurxia, coordinadora do grupo Lúa Crecente de estudos e deseño de Programas de Eduación para a saúde desde a perspectiva de xénero, e autora e coautora de numerosos traballos de investigación, divulgación e educación para a saúdefalou claro sobre os dereitos sexuais e reproductivos das mulleres. Para Lola, a reforma da Lei  – á que se referiu comoameaza pantasma” – é a punta do icerberg, o máis visible, do que o goberno está a facer cos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres. O outro, menos visible, e que van pouco a pouco facendo, pero que constitúe o resto da pirámide é

 

Desmantelamento dos Centros de Orientación Familiar (COF)

 

Anulación da prestación de anticonceptivos hormonais

 

Asolagamento dos Centros Quérote, de formación afectivo-sexual

 

Supresión dos programas escolares de formación afectivo-sexual

 

Subordinación sexual das mulleres e perpetuación do patriarcado

 

Despois de centrarse máis en explicar a base da pirámide, que é a subordinación sexual das mulleres e perpetuación do patriarcado como ideoloxía, e como nós non somos conscientes de aprender a cultura patriarcal que leva máis de 6000 anos, finalizou a charla expoñendo unha serie de alternativas como:

 

– A organización das mulleres, xa que é o único xeito de conseguirmos dereitos.

 

– Debater sobre o que afecta ás mulleres, como é o dereito á interrupción voluntaria do embarazo

 

– O uso dos nosos dereitos

 

Esixir medidas de igualdade efectivas aos poderes públicos

 

– A construción de modelos de poder femininos

 

En definitiva, unha charla ben intersante, cun enfoque distinto, que deu lugar a un ameno e participativo debate. Porque como dixo Lola Ferreiro, non nos chega coa despenalización. Queremos falar de dereitos! Queremos falar de aborto libre e gratuíto!

 

 

Síguenos nas redes:

Share This