Durante o próximo mes de febreiro imos levar a cabo, xunto coa Concellería de Igualdade do Concello de Ribadeo, diversos actos reivindicativos e informativos en torno ao aborto, que tan de actualidade está por mor da reforma da Lei do aborto que o goberno quere levar a cabo e que supón un retroceso importantísimo nos dereitos das mulleres.
Convidámosvos a tod@s a participar e reivindicar o aborto e libre e gratuíto! Nós parimos, nós decidimos!

– Sábado 1 de febreiro ás 12h: CADEA HUMANA na Ponte dos Santos contra a reforma da Lei do Aborto. Organizada polas Concellerías de Igualdade dos Concellos de Ribadeo e Castropol, o Observatorio e diversos concellos do Occidente de Asturias, coincidindo co Tren da Liberdade.
– 10, 11 e 12 de febreiro ás 20h no Cine Teatro de Ribadeo: VIDEO-FORUM “O ABORTO, CUESTIÓN DE LIBERDADE“. Coa proxección das películas:
- Las normas de la casa de la sidra (1999)
- El secreto de Vera Drake (2004)
- 4 meses, 3 semanas y 2 días (2007)
Venres 14 de febreiro ás 20h na Casa das Letras de Ribadeo: CHARLA-CAFÉ “OS DEREITOS SEXUAIS E REPRODUCTIVOS A DEBATE”, coa médica Lola Ferreiro.
Nas actividades colabora Radiofoz e a Casa das Letras.


