E coa Axenda Feminista 2014: Teatreiras Galegas. Non nacín para ser domesticada… xa na rúa, chegan as presentacións oficiais en Compostela e Ribadeo. Anotade ben as datas porque merecen a pena!
 	
A primeira presentación será o xoves 5 de decembro, ás 20.00h na Libraría Feminista Lila de Lilith, un sitio onde nos sentimos coma na casa e ao que non podíamos faltar un ano máis, despois de ter presentadas alí as axedas das músicas e das escritoras. Coma sempre, estaremos acompañad@s de varias das protagonistas da Axenda Feminista 2014: Paula Carballeira, Anxela G. Abalo, Anabell Gago, Iria Sobrado e María Armestro, (por agora!), teñen confirmada a súa asistencia!
O sábado 7, ás 12.30h, estaremos na Casa das Letras en Ribadeo e tamén estaremos acompañadas xa que Comba Campoy, a protagonista mariñá deste ano na Axenda Feminista, estará con nós.
Un luxazo de presentacións que non debedes perder!
Recordámosvos que a Axenda Feminista 2014: Teatreiras Galegas. Non nacín para ser domesticada…, ten un prezo de 12 euros (10 euros para soci@s do Observatorio) e que, a partir da primeira semana de decembro, poderase adquirir nos seguintes puntos de venta:
- Ribadeo: Libraría Casa das Letras e Tenda de Calidade Guidán.
- Foz: Libraría Bahía.
- Burela: Libraría Espacio Lector Nobel e Papelería Atril.
- Viveiro: Libraría Porta da Vila.
- A Coruña: Libraría Suevia.
- Santiago de Compostela: Librería feminista Lila de Lilith e Libraría Pedreira.
Tamén podedes poñervos en contacto co Observatorio a través do facebook, escribindo un mail a observatorioigualdade@gmail.com, ou no teléfono 627.037.668. Enviámosvos á axenda por correo postal a onde nos digades. Bulide que voan!
 
					

