Recén saída do prelo, xa está aquí a Axenda Feminista 2014: Teatreiras Galegas. Non nacín para ser domesticada, do Observatorio da Mariña pola Igualdade.

 

 

Por cuarto ano consecutivo, o Observatorio da Mariña pola Igualdade lanza a súa Axenda Feminista! No 2011 adicada a 12 reivinidacación pola igualdade, no 2012 ás músicas galegas, no 2013 ás escritoras galegas, e no 2014…. ás teatreiras galegas!. Teatro como resistencia. Teatro como compromiso. Teatro e teatreiras galegas como eixo central da cuarta axenda feminista. Porque sobranceiro é o papel das mulleres no desenvolvementoprofesionalización do teatro galego. E porque queremos continúar na nosa porfía de visibilizarmos e valorizarmos o traballo das mulleres galegas en distintas facetas do eido cultural.

 

Son moitos os nomes das teatreiras galegas vinculados á dirección e á interpretación, pero tamén a outros ámbitos técnicos (se cadra menos visíbeis, mais igualmente transcendentais na posta en escena) como iluminación, produción, control técnico, vestiario, programación ou distribución, por citar algúns. As características da propia axenda obrigan, porén, a seleccionar doce protagonistasDémoslle prioridade ás directoras e actrices de teatro, malia que a traxectoria polifacética de Pilar Pereira, Ánxeles Cuña, Cristina Domínguez, Isabel Risco, Mónica Camaño, Anxela G. Abalo, María Armesto, Patricia de Lorenzo, Paula Carballeira, Anabell Gago, Iria Sobrado e Comba Campoy (e das moitas outras teatreiras galegas xeniais chamadas a continuaren esta listaxe) resulta innegábel e así o evidencian os seus longos currículos incluídos nas páxinas finais da axenda. 12 mulleres que inauguran cada mes do ano cunha foto e un texto escrito expresamente para esta axenda.

 

A todas elas danlles a benvida as palabras dunha galega pioneira na escena como A Bela Otero (1868-1965) que non naceu para ser domesticada; e mais a figura mitolóxica dunha Medeadeseñada por Chenchu López en base a unha ilustración da súa irmá Mariola López – sabia e áxil, loitadora e combativa, amada e temida, que rexeitou interpretar os papeis que os deuses lle impuñan.

 

En canto ao formato da axenda, repetimos o da edición do 2013. Tamaño A5, cosida, e con tapas duras e goma para pechar. E por suposto non nos esquecimos do calendario mesntrual 2014 ou das dastas relevantes para o movemento feminista.

 

Se non queredes ficar sen a vosa axenda feminista teatreira, podedes acudir partir da primeira semana de decembro a calquera destes puntos de venta:

 

  • Ribadeo: Libraría Casa das Letras e Tenda de Calidade Guidán.
  • Foz: Libraría Bahía.
  • Burela: Libraría Espacio Lector NObel e Papelería Atril.
  • Viveiro: Libraría Porta da Vila.
  • A Coruña: Libraría Suevia.
  • Santiago de Compostela: Librería feminista Lila de Lilith e Libraría Pedreira.

 

Tamén podedes poñervos en contacto con nós a través do noso facebook, desta páxina wen (apartado “contacto”), no mail observatorioigualdade@gmail.com ou no teléfono 627.037.668. O prezo son 12 euros (10 para soci@s do Observatorio). Enviámosvos a axenda por correo postal a onde nos digades!

 

Non fiquedes sen ela!

 

Síguenos nas redes:

Share This