A quinta edición do Video-forum Mulleres no Mundo comeza, o próximo xoves 7 de novembro ás 19.00h no Salón de Actos da UNED (Foz), cun peliculón que non podedes perder: Antonia (Países Baixos, Holanda), de Marleen Gorris. Recordade que a actividade é gratuíta e se están a tramitar créditos de libre configuración con dereito á expedición de certificado oficial. E coma sempre, garantimos moi bo clima no debate e análise da película e cafeciños quentes, ou infusións, ou chocolate quente, acompañados dunhas pastas!
Sinopse:
Nunha tranquila granxa da campiña holandesa, a nonaxenaria Antonia repasa a súa vida. Tranquilamente deitada na súa cama, fai memoria até o día, pouco despois da Segunda Guerra Mundial, no que volveu ao pobo no que naceu. A partires de aí, recorda a súa vida durante os cincuenta anos seguintes, así como a dos seus fill@s e net@s. Un día tras outro, o comportamento independente, inconsciente e algo excéntrico de Antonia e a súa familia, e en especial a súa loita polo feminismo, mestúrase coa vida cotiá do pobo no que viven. A vella granxa convértese no fogar de personaxes moi variadas nas que o resentimento inicial convértese en tolerancia e, posteriormente, en amor.
Agardámosvos!