Este sábado 28 de setembro, ás 17.30h, estaremos en Compostela apoiando a manifestación nacional convocada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto

 

 

O sistema patriarcal quere dominar o corpo das mulleres, negándonos a capacidade a decidir sobre o noso corpo e a nosa sexualidade, e ao mesmo tempo controlar a nosa capacidade reproductiva. A obriga da virxinidade así como a maternidade foron unha constante ao longo de toda a historia. A crise provocada polo sistema neoliberal é a excusa para atacar os dereitos das mulleres. Nunha situación de recorte de dereitos sociais e laborais, a dereita española pretende acabar coas conquistas femininas conseguidas nos últimos 70 anos

 

O 28 DE SETEMBRO CONTINUAMOS COA LOITA

 

Trae a túa prenda lila para encher as rúas de feminismo, colle cazolas ou panderetas para inundar de son rebelde a nosa marcha e participa na manifestación na defensa do aborto legal, seguro e gratuíto

 

Polo dereito das mulleres a decidirmos sobre os nosos corpos!!

Síguenos nas redes:

Share This