A VERDADE É QUE ESTAMOS SEN PALABRAS! As XIII Xornadas de Mulleres en Acción da MTICF de Cangas decidiu outorgar, na súa II Edición, o Premio Mulleres en Acción ao Observatorio da Mariña pola Igualdade por impulsar e crear o Trivial Feminista!.

 

podemos dar as grazas unha vez máis por este recoñecemento e convidarvos a tod@s á 30 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas que terá lugar do 28 de xuño ao 7 de xullo e ás XIII Xornadas Mulleres en Acción, enmarcadas dentro da Mostra,  que teñen por obxectivo a divulgación de proxectos, espectáculos, ideas, noticias e todo aquilo que favoreza a coeducación, a paridade, a visibilidade, a denuncia e a liberdade a decidir sobre o propio corpo. Un programa moi completo que inclúe obradoiros, conferencias, espectáculos…Tedes aquí toda a información cos horarios!

 

 

 

Nós estaremos o sábado 6 de xullo, ás 18.30h na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal,  presentando o xogo coeducativo Trivial Feminista nunha mesa redonda onde tamén estarán as amigas da Libraría Feminista Lila de Lilith e as Maribolheras Precarias presentando os seus proxectos

 

 

O domingo día 7, ás 22.30h no Auditorio Municipal, teremos a honra de recoller o II Premio Mulleres en Acción!

 

Obrigadas de novo por este recoñecemento e vémonos en Cangas!

 

 

 

 

 

Síguenos nas redes:

Share This