O 3 e 4 de de xullo terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Burela o curso de verán Facendo a ciencia accesible a través da divulgación, organizado polo IES Monte Castelo e a Universidade da Coruña. Nesta edición, que xa é a terceira, o Observatorio participará o xoves día 4 presentando o proxecto do xogo coeducativo Trivial Feminista.
Podedes formalizar a vosa matrícula e obter máis información sobre o curso aquí.

Facendo a ciencia accesible a través da divulgación pretende ser un foro de formación, reflexión e debate arredor de diferentes temas científicos de actualidade, abordados todos eles cun enfoque divulgativo. A sociedade en xeral poderá acceder á neurociencia, á química que nos rodea, ao descubrimento do Bosón de Higgs ou á utilidade das matemáticas sen que precise dun alto nivel de formación específica. Divulgar a ciencia é a forma de facela cercana e de que chegue ás cidadás e aos cidadáns que, en moitos casos, necesitarán ter opinión sobre cuestións científicas que lles desperten interese e curiosidade e, ás veces, temor por descoñecemento. É, tamén, o xeito de que o alumnado sinta o desexo de aproximarse á ciencia e de que o faga de xeito ameno e riguroso.
PROGRAMA
Mércores 3 de Xullo:
9:00 – 9:30 horas: Acreditación das/os asistentes
9:30 -10:00 horas: Apertura do curso. Representante da UDC, Representante do Concello de Burela, Director do IES Monte Castelo, Directora do curso.
10:00 – 12:00 horas: Obradoiro. IOLANDA FERNÁNDEZ CASAL. Redactora de El Correo Gallego especializada en contidos de educación e ciencia Ciencia e xénero nos medios de comunicación.
12:00 – 12:30 horas: Pausa – café
12:30 – 14:00 horas Relatorio. MOISÉS CANLE LÓPEZ. Profesor do Departamento de Química Física e EnxeñeríaQuímica e Decano da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña. Que raio e iso da Química?
16:00 – 17:30 horas. Relatorio JOSE ANTONIO COSTOYA PUENTE. Profesor do Departamento de Fisioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Darwin e o cáncer ou como as nosas células, ás veces, perden o control e se adaptan ao medio.
17:30 – 19:00 horas. Relatorio. XURXO MARIÑO ALFONSO. Profesor do Departamento de Medicina e membro do Grupo de Neurociencia e Control Motor da Universidade da Coruña. A evolución da mente.
19:00 – 19:30 horas. Pausa – Café
19:30 – 21:00 horas. Discurshow: “Protón. A atribulada existencia dunha partícula inmortal…ou case”. VICENTE DE SOUZA, Director de escena e actor profesional e XURXO MARIÑO, Científico, profesor da UDC e divulgador. Casa da Cultura de Burela.
Xoves 4 de Xullo:
9:00 – 12:00 horas. Visita á fábrica de Sargadelos.
12:00 – 12:30 horas. Pausa – café.
12:30 – 14:00 horas. Relatorio. JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ SEIJO. Profesor do Departamento de Métodos Matemáticos e de Representación da Universidade da Coruña. A sorprendente utilidade das matemáticas.
16:00 – 16:45 horas. Experiencia. ANA MÉNDEZ-IRAGORRI SÁNCHEZ. Licenciada en Socioloxía e Técnica de Igualdade no Observatorio da Mariña pola Igualdade. Mª INÉS GARCÍA SEIJO. Profesora de Física e Química no IES Monte Castelo. Presentación do “ Trivial Feminista”. As mulleres científicas na aula.
16:45 – 18:15 horas. Relatorio. RAMÓN CID MANZANO. Catedrático de Física e Química no IES de Sar (Santiago) e Profesor Asociado no Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais da USC. A procura do bosón de Higgs: un exemplo de colaboración científica a grande escala.
18:15 – 18:45 horas. Pausa – café
18:45 – 20:15 horas. Relatorio. MARCOS PÉREZ MALDONADO. Director Técnico da Casa das Ciencias (Museos Científicos Coruñeses). Museos Científicos Coruñeses. Cando a divulgación fuxe dos mausoleos.
20:15 – 20:45 horas. Clausura do curso.
20:45 – 21:00 horas. Entrega de certificacións.