Remata o I Video-forum Rachando moldes. Mulleres que fixeron historia coa proxección da película La pasión de Camille Claudel, de Bruno Nuytten. Se queredes coñecer un pouco máis a esta escultora francesa  tedes que vir o xoves 2 de maio ás 20.00h á Casa da Cultura de Burela. Coma sempre, a actividade é grautíta e haberá café, infusións e pastas para as persoas que o desexen. Animádevos!

 

 

 

 

 

Sinopse da película:

 

Camille, a irmá do escritor Paul Claudel, sentiu desde nena unha gran paixón polo arte e en especial pola escultura á que lle dedicou gran parte da súa vida. O escultor Auguste Rodin foi o seu mestre e ela converteuse na súa musa. Entre ambos xurdiu unha tormentosa relación amorosa plagada de crises e rupturas. A escultora tivo tamén unha vida persoal moi axitada: era unha muller demasiado libre e independente que non se adaptaba ás costumes e convencionalismos da súa época. Ao final da súa vida, viviu como unha mendiga e acabou sendo internada nun psiquiátrico polos seus problemas mentais

Síguenos nas redes:

Share This